Acto vandálico no cemiterio naronés de Xuvia

La Voz

NARÓN

CÉSAR TOIMIL

Rouban a lápida dun dos nichos

14 oct 2019 . Actualizado ás 19:30 h.

A parroquia de Santa Rita de Xuvia denunciou esta tarde publicamente o roubo da lápida dun dos nichos do cemiterio, da que de momento non se atopou rastro algún. Ao parecer, a peza, que estaba labrada e era de granito, estaba valorada en máis dun milleiro de euros.De momento descoñécese, mesmo, en que momento puido ser subtraída a peza roubada. Desde a parroquia lamentan que alguén poida levar a cabo unha acción deste tipo contra un camposanto.