Narón substitúe 170 luces por leds en Xuvia por 131.000 euros

LA VOZ NARÓN

NARÓN

CEDIDA

O cambio de luminarias afecta a varias rúas e prazas da parroquia

24 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As obras de mellora da eficiencia enerxética en rúas e prazas da parroquia de Xuvia comezaron. O Concello de Narón substituirá 170 luminarias por outras de tecnoloxía led, co fin de «reducir o consumo na factura eléctrica e a contaminación atmosférica, e mellorar a iluminación». O orzamento rolda os 131.000 euros, financiados pola Deputación a través do Plan Complementario. O goberno local informa, doutra banda, dos traballos previstos nos barrios do Alto do Castiñeiro e Freixeiro, cun custo global de 320.000 euros. No Alto renovaranse os materiais e dotarase de iluminación o parque infantil do final da rúa Italia; e en Freixeiro reporase o actual sistema de iluminación por outro que utilice tecnoloxía led.