Falece o exconcelleiro naronés Ramón Padín López

La Voz

NARÓN

CÉSAR TOIMIL

Ademais de formar parte do goberno municipal en dúas ocasións, presidiu a asociación de veciños Virxe de Fátima

12 mares 2019 . Actualizado ás 09:28 h.

Este martes, ás 17.30 horas, recibirá sepultura no cemiterio do Cadaval o exconcelleiro naronés Ramón Padín López, que formou parte da corporación municipal de Narón entre os anos 2003 e 2007 (cando foi responsable de Seguridade e Tráfico) e entre o 2009 e o 2011, cando estivo á fronte tanto de Tráfico como de Sanidade. Tamén presidiu a asociación veciñal Virxe de Fátima.