Narón estuda ceder un local a unha entidade que traballa con menores con altas capacidades

A asociación Áurega atende a 16 menores do municipio


NARÓN

O Concello de Narón analizará a posibilidade de ceder á Asociación Áurega -centrada en nenos de entre cinco e catorce anos con altas capacidades, talentos e inquietudes intelectuais- un local de traballo no municipio, onde residen 16 destes menores.

Os responsables desta entidade, creada o pasado ano, reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, para trasladarlle o traballo que desenvolven para «dar visibilidade ás altas capacidades e tamén dar resposta á falta de atención e recursos para este colectivo na comarca».

Neste sentido, tal e como indicou o presidente da asociación, Marcos Castro, a entidade traballa como un «punto de encontro» onde as familias poden liquidar dúbidas e darse apoio mutuo.

A finalidade, tal e como subliña, non é outra que «normalizar a situación destes nenos», en moitos casos, con problemas de relación social, e asesorar á comunidade educativa e ao conxunto da sociedade para que os integren con normalidade. Así, Áurega desenvolve escolas de familias e talleres específicos para motivar aos rapaces, contando co apoio de especialistas. Un labor, recoñecida polo tripartito local, que se comprometeu a estudar a cesión dun local.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Tags
Comentarios

Narón estuda ceder un local a unha entidade que traballa con menores con altas capacidades