Teresa Rodríguez: «Atópome como nunca»

J. C. M. NARÓN / LA VOZ

NARÓN

JOSE PARDO

Esta naronesa, que participa en «100.000 motivos de peso», baixou 17 quilos en oito meses

18 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A vida de Teresa , un ama de casa de Piñeiros, de 55 anos, deu un cambio radical desde que en febreiro, animada polo seu médico de cabeceira, decidise sumarse ao plan de adelgazamento de Narón. Desde entón, e controlada polos profesionais do centro de saúde, logrou baixar nada menos que 17 quilos, pasando dos 82 aos 65, algo que a súa saúde agradeceu. O segredo, unha dieta que a leva a comer san un total de cinco veces ao día -«moito filete e peixe á prancha, ensaladas, froita, e nada de doces»- ademais de exercicio físico. «Vou tres días á semana a ximnasia; outros dous, saio a camiñar hora e media, e para rematar, vou a clases de baile», explica esta veciña. En definitiva, non para.Un esforzo que xa converteu en rutina e que dá por bo porque asegura «atoparse como nunca».

Ten unha hernia e relata que, debido ao sobrepeso que padecía, «prendíame dunha perna». Un problema que remitiu. Ademais, conseguiu baixar o azucre sen necesidade de pastillas. «Agora o meu reto é manterme», conclúe.