Deteñen a un mozo por vender droga ao lado de un colexio de Narón

La Voz NARÓN

NARÓN

JANET GONZALEZ VALDES

A policía sorprendeuno con haxix nun dos bancos do campo de fútbol da Solaina

17 may 2018 . Actualizado ás 00:08 h.

A Policía Nacional detivo a un mozo de nacionalidade colombiana que presuntamente distribuía drogas nun campo de fútbol de Narón. Segundo informa a policía, vendía as sustancias estupefacientes, concretamente haxix, nun dos bancos no barrio da Solaina, a menores de idade. Ao decatarse da presenza policial, que establecera un dispositivo de vixilancia, o mozo intentou desfacerse da bolsa na que portaba a droga.

Os axentes comprobaron o contido da bolsa, en cuxo interior había porcións de haxix preparadas para a súa venda, cun peso idéntico, así como algo máis de cen euros en moeda fraccionaria.

En menos dun ano, foi o segundo operativo realizado pola policía na mesma zona, deténdose a outras dúas persoas que trapicheaban nos devanditos bancos. As instalacións deportivas atópanse a escasos metros do CEIP da Solaina; lugar sometido a especial vixilancia dentro do plan para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar en Galicia.