Unha cura de urxencia para a ponte do tren entre Narón e Neda

La Voz NARÓN

NARÓN

Imagen de archivo. La construcción de la pasarela se completó en el 2004
Imaxe de arquivo. A construción da pasarela completouse no 2004 MARIA VILLAR

A mellora da infraestrutura obriga a pechar temporalmente a pasarela peonil que discorre a infraestrutura

19 abr 2018 . Actualizado ás 13:49 h.

O Concello de Narón acaba de trasladar que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), dependente do Ministerio de Fomento, informou ao Concello «do peche temporal da pasarela peonil localizada na ponte do tren sobre a ría de Ferrol, entre Narón e Neda». A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, explicou que ADIF está a realizar actualmente obras de urxencia na citada ponte, unha cura necesaria debido a unha serie de danos na infraestrutura. A rexedora indicou que, despois de varias conversacións con responsables do ADIF, avanzouse que os traballos previstos teñen un prazo de execución de nove meses. 

«O feito de que o paso peonil discurra paralelo á vía férrea, na mesma ponte, fixo preciso pechalo mentres duren os traballos, aínda que a medida que avancen, desde o ADIF comunicáronnos que estudarán a posibilidade de abrir o tramo peonil antes do remate das mesmas, sempre e cando se garanta a seguridade das persoas que transiten pola zona», apuntou Ferreiro.

O peche do tramo peonil está sinalizado tanto na zona de Narón como na de Neda, en ambos os extremos da pasarela. O investimento dos traballos a realizar na zona, que xa se iniciaron onte, é de case un millón de euros, tal e como explicou o ADIF.