Capturan unha víbora común de considerables dimensións en Sedes

NARÓN

Cedida

O Speis soltouna nunha zona illada dos núcleos de poboación

17 ago 2017 . Actualizado ás 12:21 h.

O Speis de Narón mobilizouse onte pola tarde por mor dun aviso da Central de Atención as Emerxencias de Galicia alertando da presenza dun réptil de considerables dimensións na vía pública, no lugar de Villallonte, na parroquia naronesa de Sedes. Desprazados ao lugar dos feitos identificaron o ofidio como unha víbora común e, dada a proximidade das vivendas, procedeuse á súa captura cun útil específico e depositouse nun aloxamento propio para o transporte deste tipo de réptil. 

Acto seguido realizáronse consultas con especialistas que, dado que a víbora non sufrira ningún dano, recomendaron que fose soltada nunha zona illada e lonxe dos núcleos de poboación, e así se fixo.