Mugardos denuncia que o ambulatorio só ten un médico e o Sergas asegura que non é así

A voz FERROL

MUGARDOS

CESAR TOIMIL

Os responsables da xerencia da área sanitaria aseguran que se rexistraron baixas puntuais por permisos para os médicos do centro

16 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, denunciou onte que esta semana o centro de saúde estivo atendido algunhas xornadas por un dos catro facultativos: «A calidade asistencial está baixo mínimos, co conseguinte risco para os usuarios, sen falar de que se xurde unha urxencia domiciliaria xa non quedaría nin un só médico no centro de saúde», denuncia unha rexedora que xa enviou á área sanitaria unha carta reclamando unha solución. Díaz sostén que estes problemas están provocando unha sobrecarga no centro de atención continuada de Fene «ao que acode a cidadanía, a partir das 15.00 horas, ao non ser atendida en Mugardos». En este sentido, solicita que se «substitúa ao facultativo non incorporado ao posto, así como que se cubran o resto das ausencias por permisos, e que se faga unha revisión da lista de agarda e a axenda de citacións para comprobar o tempo de espera dos pacientes».

Resposta do Sergas

Os responsables da xerencia da área sanitaria aseguran que en ningún momento hase quedado cun médico o ambulatorio mugardés e que se rexistraron baixas puntuais por permisos para os médicos do centro. En calquera caso, garanten que a partir de hoxe serán tres os que estea operativos.