Os veciños de Monfero esixen ao Sergas que cubra de inmediato a vacante do centro de saúde

LA VOZ MONFERO

MONFERO

CEDIDA

Xente de todas as idades se concentrou onte diante do edificio sanitario

23 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«Menos discursos, máis médicos». «Monfero precisa 2 médicos», «Non somos un número, somos persoas», «Loitando polo rural» o «Atención de calidade». Son algunhas das mensaxes que exhibiron e corearon onte os veciños de Monfero, en demanda dun reforzo para o centro de saúde. A xubilación dun facultativo deixoulles cun único médico, o que dificulta o servizo nun municipio moi extenso, moi disperso e cunha poboación moi envellecida. «Cada vez que hai unha urxencia quedamos desatendidos», explica unha usuaria. Xente de todas as idades se concentrou diante do centro de saúde de Monfero para esixir ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que cumpra xa co compromiso de cubrir a vacante.