Un veciño de Monfero denuncia un ataque do lobo a un tenreiro

MONFERO

Carlos Castro

Asegura que no 2018 apenas puideron vender reses por este problema

18 ene 2019 . Actualizado ás 12:10 h.

Un veciño da parroquia de Xestoso, en Monfero, denuncia o ataque do lobo a un tenreiro duns catro días, do que apenas quedaron restos. Sucedeu onte nun monte da cooperativa Santaballa, da que ea socio.

O afectado asegura que no 2018 apenas puido vender tenreiros «porque mataron á maioría». O problema, recalca, é común ao resto de socios da cooperativa e a outros gandeiros da zona, aínda que a maioría evitan denunciar.

Este veciño, que leva anos sufrindo perdas que atribúe ao lobo, insiste en que non ten nada en contra deste animal, pero si da sobrepoblación. E alerta do risco de que «o rural esmoreza e desapareza todo porque así non se pode vivir».