Aparecen centos de troitas mortas no río Grande de Xuvia, en Moeche

A. C. MOECHE

MOECHE

CEDIDA

O Concello pecha ao baño a área recreativa e investíganse as causas do suceso

03 sep 2021 . Actualizado ás 16:27 h.

A aparición de centenares de troitas mortas flotando no río Grande de Xuvia, na área recreativa de Moeche , obrigou ao Concello a pechar ao baño a área recreativa. O Concello denunciou a presenza dos peixes a media mañá, cando detectou o ocorrido. Ao lugar desprazáronse axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.

Esta tarde tamén acudiron a Policía Autonómica e persoal do plan de control de verteduras de Augas de Galicia, da Xunta de Galicia, que investigan as causas da mortaldade das troitas.