Cabanas, Ares, Valdoviño e Mañón contan con socorristas nas praias

La Voz VALDOVIÑO / LA VOZ

MAÑÓN

ramon loureiro

No resto de municipios da comarca incorporaranse nos próximos días

02 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O servizo de socorrismo comeza a funcionar hoxe nas principais praias de Valdoviño, Cabanas, Ares e Mañón. No resto de municipios da comarca incorporaranse nos próximos días. Pontedeume agarda que empecen o venres; en Cedeira realizaranse as probas o luns; Cariño está pendente da selección, con atraso polo cambio de interventor; Mugardos agarda telos na praia a comezos da próxima semana; e Ortigueira só conseguiu un vixiante.