Broche institucional para o medio século dos acontecementos do 10 de Marzo do 72

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

FERROL CIDADE

Los participantes en el acto institucional del 10 de Marzo en el Auditorio
Os participantes no acto institucional do 10 de Marzo no Auditorio Cedida

O Auditorio acolleu unha gala na que participaron protagonistas daqueles feitos e tamén houbo música e poesía

27 novs 2022 . Actualizado ás 18:51 h.

O Auditorio acolleu na tarde do sábado o broche institucional aos actos organizados polo Concello de Ferrol para conmemorar o 50 aniversario dos acontecementos do 10 de Marzo do 72. Foi unha xornada na que a policía franquista disuadiu a tiros unha manifestación de traballadores de Bazán, matando a dous deles -Amador Rey e Daniel Néboa- e ferindo a medio centenar. Aqueles acontecementos foron seguidos dunha represión a dirixentes obreiros e políticos, e ás súas familias. Algún dos protagonistas daqueles feitos, como Sari Alabau -profesora comunista-, interviñeron no acto no Auditorio, no que tampouco faltaron a música e a poesía.

O alcalde, Anxo Mato, puxo en valor o traballo realizado polas entidades Memoria Historia Democrática e Fuco Buxán para dar a coñecer unha etapa da historia na que a cidade se significou pola loita en favor da democracia e as liberdades. No Auditorio déronse cita representantes de todos os grupos da corporación. 

A cantante Guadi Galego foi unha das encargadas de pór a nota musical.