Once hospitalizados por covid no Marcide, e outros dous, no Cardona

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

A última onda da pandemia continúa en retroceso, con 18 casos activos menos na comarca

13 ago 2022 . Actualizado ás 13:04 h.

A última onda da pandemia do coronavirus continúa en retroceso na área Sanitaria de Ferrol, con 174 casos activos, 18 menos que na xornada anterior. O último informe do Sergas indica, no entanto, unha hospitalización que ascende levemente. Nos centros sanitarios mantense invariable a cifra de ingresados na unidade de coidados intensivos (uci) do Marcide, mentres que nas plantas hai un paciente máis, pasando de 10 a 11. No hospital público atópanse nove, e outros dous no Ribeira Juan Cardona.

En canto os novos positivos, entre as seis da tarde do xoves e esa mesma hora do venres foron detectados seis casos, fronte aos nove do día anterior.

Desde que se iniciou a pandemia, 41.768 persoas da área contaxiáronse de covid, 41.270 das cales xa se curaron. Outras 321 faleceron.

Por municipios

As Somozas continúa sendo o único municipio libre de virus. Ferrol presentou 33 casos na última semana, e 80, nas dous anteriores. Narón, 14 e 36, respectivamente. Cerdido e A Capela non rexistraron infectados nos últimos sete días, e entre 1 e 9, nas dúas semanas anteriores. Menos de dez casos en ambos os períodos tiveron Valdoviño, Cedeira, Ortigueira, Mañón, As Pontes, Moeche, San Sadurniño, Ares, Mugardos, Cabanas, Neda e Monfero. Entre 1 e 9 casos na última semana tiveron tamén Cariño, Fene e Pontedeume, pero con 11, 12 e 13 positivos, respectivamente, nas últimas dúas.