Queixas pola repartición do «cartucho» de Navantia Fene

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CEDIDA

Reprochan á dirección da compaña «falta de sensibilidade»

09 dic 2021 . Actualizado ás 16:44 h.

Traballadores pasivos de Navantia Fene —xubilados, prexubilados, viúvas e orfos— reprochan á dirección da compaña «falta de sensibilidade» ao romper «co tradicional procedemento da repartición dos paquetes de Nadal nas instalacións do estaleiro».

Ademais, consideran que o economato da factoría «está a funcionar deficientemente pola desatención e inobservancia por parte da dirección de Navantia da regulación legal para este tipo de establecementos».