Volve subir a incidencia do covid na comarca de Ferrol e mantense a hospitalización

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

Na última xornada detectáronse novos casos positivos

24 oct 2021 . Actualizado ás 17:41 h.

A incidencia do coronavirus volveu crecer na área Sanitaria de Ferrol entre as seis da tarde do venres e esa mesma hora do sábado. Así, foron detectados catro novos casos a través de probas PCR, que elevan ata 24 o número de persoas que padecen a enfermidade. Dous destes pacientes atópanse ingresados no hospital Arquitecto Marcide, aínda que a Unidade de Coidados Intensivos continúa libre.

Desde que se desencadeou a pandemia do coronavirus, enfermáronse na comarca un total de 11.648 veciños, dos cales 11.388 xa se curaron.

Quince concellos da zona non contan con ningún enfermo, mentres que Ferrol é o que presenta a incidencia máis alta: entre 1 e 9 casos na última semana, e 11, nas dous anteriores. Narón, Fene e Neda móvense na pinza de entre 1 e 9 activos, mentres que Valdoviño non presenta positivos na última semana, e entre 1 e 9, nos 14 días anteriores.