Un novo contaxio sobe a 14 os casos activos de covid na área de Ferrol

FERROL CIDADE

CHUF

No hopistal Arquitecto Marcide hai un paciente de cononavirus ingresado en planta

19 oct 2021 . Actualizado ás 10:34 h.

Na área Sanitaria de Ferrol hai 14 casos activos de covid-19 , un máis que a véspera, segundo os datos do Sergas, que abarcan desde as seis da tarde do sábado á mesma hora do domingo. No Hospital Arquitecto Marcide hai unha persoa ingresada en planta e a unidade de coidados intensivos continúa libre de enfermos de coronavirus . Nas últimas 24 horas confirmouse un novo caso a través das 139 probas PCR realizadas.

Desde que comezou a pandemia, nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal faleceron 230 persoas e contaxiáronse 11.638, das que 11.388 curáronse. Realizáronse 185.341 probas PCR para detectar esta patoloxía, 26.675 de antígenos e 70.711 doutro tipo.

En canto á evolución por concellos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Neda e Fene móvense na pinza entre 1 e 9 contagios tanto a última semana como no acumulado de 17 días, mentres que o resto de municipios da zona están libres de covid..