O Torrente amplía ata finais de mes a exposición de José Pardo

C.C / A.Ou FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

JM

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ferrol amplía o período para visitar a exposición Estrada e manta, de Andrés Gabarres no centro Torrente Ballester. A mostra, que se poderá visitar ata o 22 de agosto ofrece máis de 70 pinturas do autor. Desde a súa inauguración a comezos de maio recibiu a máis de 2.000 persoas. Na mesma liña, a exposición do fotoperiodista José Pardo, con máis de 50 imaxes do seu libro A Buxaina de Ucha, recibiu máis de 850 visitas e permanecerá aberta ata finais de mes.

Nun principio, estaba previsto que concluísen o vindeiro domingo, pero finalmente mantéñense «ante a boa acollida de ambas mostras» segundo explicou o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe.