Mugardos recupera o liderado da Liga Galega B de traiñeiras no Grove

J.V. FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

Liga Noroeste de Traiñeiras

Os mugardeses desbancan da primeira posición ao Club de Remo Narón

01 ago 2021 . Actualizado ás 19:11 h.

A Bestarruza, do Club de Mar de Mugardos, recupera o liderado da Liga Galega B de traiñeiras, tras facerse coa vitoria na Bandeira do Grove. Os dous equipos de Ferrolterra están empatados a puntos, tras a disputa de sete xornadas de liga.

A traiñeira de Mugardos recuperou a súa mellor versión nos seis longos disputados en augas do porto de Meloxo. Distanciáronse en dous segundos de Narón ao final de primeiro parcial, nunha quenda de honra na que Cedeira ocupou a terceira posición. Nesta quenda de honra tamén estaba previsto que remase Amegrove, aínda que non puido competir diante da súa tripulación por ter positivos por covid na súa tripulación.

Liga Noroeste de Traiñeiras

A vantaxe dos mugardeses non deixou de ir a máis ata imporse por 11 segundos 93 centésimas. Un triunfo contundente, o cuarto desta tempada. Narón, que na anterior xornada recuperase o liderado, entrou segunda e cedeu a primeira posición na xeral.

A Cabana acabou segunda na súa quenda por detrás da Pobra do Caramiñal, tras unha espectacular remontada.