Que facer esta fin# de semana en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CEDIDA

A feira Medieval de Ferrol, as festas de Ortigueira ou música en Valdoviño son algunhas das alternativas que che ofrece a comarca

31 jul 2021 . Actualizado ás 19:29 h.

 

Sin plans para esta fin de semana? Propómosche unha serie de actividades para pasar unha fin de semana entretida na comarca de Ferrolterra. Un percorrido polo legado industrial, eventos culturais, música ou festas son algunhas das opcións das que poderás gozar.

Show acrobático en Cedeira

A Praza Vermella de Cedeira acolle este domingo unha actuación de Sue Moreno, directora e fundadora dunha escola de acrobacias aéreas, que presentará ao público un espectáculo no que mestura técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, coa historia dunha muller que intenta conciliar o seu traballo e a maternidade como fío condutor. A cita está fixada para as 20.00 horas, coa entrada gratuíta. .

  • onde: praza VERMELLA DE cEDEIRA

  • a que hora: DESDE As 20 HORAS

De paseo polo estaleiro de Navantia

Como todos os domingos do verán, Fertur ofrece esta tarde (17 horas) unha visita guiada ao estaleiro de Navantia. Máis información e inscricións en ferrolguias.com e no teléfono 696531070.

  • onde: estaleiro DE nAVANTIA

  • a que hora: 17 HORAS

 Festas de Ortigueira.

ANGEL MANSO

No marco das festas de Santa Marta, a alameda de Ortigueira acollerá mañá luns pola tarde (desde as 16 horas) unha Festa do Mergullo con distintos tipos de inchables acuáticos

  •  ONDE: na ALAMEDA

  • A Qué HORAS:  16 HORAS

Música na capela do Porto de Meirás

O Concello de Valdoviño ofrece hoxe a oportunidade de gozar da música clásica do dúo The Duellist nun marco incomparable: a capela do Porto de Meirás. Ás 19.30 horas.  

  • ONDE: porto DE mEIRÁS

  • A Qué HORAS: 19.30 HORAS

Unha atalaia de pedra en Pontedeume 

O castelo Andrade, unha atalaia sobre a que se divisan as rías de Ares e Ferrol, acaba de reabrir as súas portas. Pódese visitar na parroquia de Nogueirosa (Pontedeume), de 11 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

  • ONDE: nOGUEIROSA

  • A Qué HORAS: de 11 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas

A Feira Medieval toma as rúas de Ferrol Vello

CARLOTA LÁZARO

Esta fin de semana pódese pasear entre casetas que lembran a outra época grazas a unha nova edición da Feira Medieval que toma as rúas de Ferrol Vello. Organízanse actividades e animación na praza Vella, a alameda do Carbón, as rúas de San Francisco e Castro e no cruzamento da rúa San Francisco con Alfredo Martín. Hai uns setenta postos de artesanía e gastronomía, ademais de música, teatro, pasacalles, carruseis ou campamentos medievais.