Un centenar de afectados por covid-19 e seis hospitalizados na área de Ferrol

M. A. FERROL

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

En 24 horas detectáronse seis novos casos.

10 jun 2021 . Actualizado ás 14:37 h.

Os casos activos por coronavirus na área Sanitaria de Ferrol aumentaron no último balance do Sergas e volven situarse no centenar, cando a xornada anterior eran 96. Ata as 18 horas do mércores eran tres as persoas ingresadas na planta covid do CHUF e outras tres na unidade de coidados intensivos. En 24 horas detectáronse seis novos casos.

Ningún dos municipios da zona presenta nos últimos sete días contaxios por amais da pinza de entre 1 e 9 casos. E en 13 concellos non hai novos infectados. Son: As Pontes, Monfero, Cabanas, Fene, Mugardos, A Capela, Neda, Cedeira, Cariño, Ortigueira, As Somozas, Moeche e Cerdido.

En canto aos centros escolares, ningún colexio ou escola infantil da comarca ten aulas pechadas. Hai en total 18 alumnos contaxiados: A Rolada, en San Sadurniño (1) e o colexio (1); en Ferrol, Cruceiro (1), Cristo Rey (1), Caranza (1), IES Canido (1), Concepción Arenal (1) e Leixa (1); en Narón , Feal (2), Ayala (1), Santiago Apóstol (1) e Telleiras (1); en Ares , As Mirandas (3); Unión Mugardesa (1) e en Pontedeume , San José (1).