Un caso máis de covid nos centros educativos de Ferrolterra

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

Personal del Área Sanitaria de Ferrol realizando PCR en el hospital Novoa Santos
Persoal da área Sanitaria de Ferrol realizando PCR no hospital Novoa Santos CESAR TOIMIL

Hai 14 positivos e ningunha aula pechada

20 abr 2021 . Actualizado ás 13:31 h.

O informe da Consellería de Sanidade deste martes revela que hai un caso máis de covid nos centros educativos de Ferrolterra. En concreto, son 14 os positivos detectados e ningunha aula pechada. Os casos atópanse no CPI As Mirandas, de Ares (2); no Santiago Apóstolo de Mugardos (1); no Virxe do Mar de Narón (1) e no CPI O Feal (1). En Ferrol, hai casos no San Xoán de Filgueira (2), o CIFP Ferrolterra (2), o Rodolfo Ucha (1), o EOI de Ferrol (1), o IES Concepción Arenal (1) e o Sofía Casanova (2).