O Parrulo suma unha vitoria na cancha do UMA Antequera

Jose Valencia FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

UMA ANTEQUERA

Os ferroláns mostráronse moi efectivos nas súas accións de ataque

18 abr 2021 . Actualizado ás 00:20 h.

O Parrulo venceu ao UMA Antequera por 3-5 nun partido disputado na tarde noite de onte en terras de Málaga. É a cuarta vitoria dos ferroláns no que vai de tempada e dúas delas foron fronte ao equipo andaluz, vicecolista da categoría.

É o máis difícil aínda para os ferroláns que conseguiron este triunfo en casa nunhas circunstancias especiais, xa que a un persoal curto sumouse agora os catro partidos de sanción a Iago Rodríguez e a marcha de Isma, que deixou o equipo. A pesar de todos os obstáculos e que á situación é realmente desesperada, os ferroláns non baixan os brazos e seguen deixándose a pel en cada partido que disputan.

No choque de onte anotaron dous goles na primeira parte e un terceiro no arranque da segunda. Un penalti meteu aos malagueños no partido, aínda que os ferroláns sentenciaron con dous goles máis.

Ficha Técnica

3: UMA Antequera. Cone, Miguel, Álex Fuentes , Alvarito, Cobarro -quinteto inicial- Javi Amorós, Vargas, Raúl Cantou, David Velasco, Óscar, Nando e Juaki.

5: O Parrulo Ferrol. Víctor Espíndola, Helder, Raúl, Miguel e Kevin Chis -quinteto inicial- Noel, Thalles, Morioka, Adri e Domingos. 

GOLES: 0-1, min 2: Helder; 0-2, min 5: Domingos; 0-3, min 23: Kevin Chis; 1-3, min 23: Joaki (ao transformar un penalti), 1-4, min 27: Miguel; 1-5, min 34: Adri; 2-5, min 35: Cobarro e 3-5, min 39: Álex Fortes. 

ÁRBITROS: Rodrigo Miguel e Sánchez Molina. Amoestaron con cartón amarelo aos xogadores locais Alvarito, Nando e Javi Amorós. Non foron amoestados xogadores do equipo ferrolán.