Un ferrolán a toda vea

FERROL CIDADE

CEDIDA

Juan Portela dirixe a selección galega de windsurf

16 abr 2021 . Actualizado ás 22:39 h.

A principios deste mes a Selección Galega de Windsurf, dirixida polo ferrolán Juan Portela, disputou en Santa Pola (Alacante) o Campionato de España. Juan é o seleccionador e adestrador do equipo galego que compite nas categorías sub17 e sub15 con mozas dos clubs náuticos de Cangas e Rodeira cos que Galicia acadou o quinto posto en sub17 e o oitavo en sub15. Portela está moi orgulloso dos resultados conseguidos nunha situación nada favorable por motivo da pandemia que o fai todo máis complexo. Pero a tempada non rematou aínda, por diante teñen a Copa de España que se celebrará en Porto Sherry en Cádiz en maio. Isto fai que Juan non pare de viaxar ao sur de Galicia, concretamente a Vilagarcía, onde levan a cabo periodicamente xornadas de tecnificación no Centro Galego de Vela dependente da Federación Galega. Alí adestra e prepara aos membros da selección galega co obxectivo de lograr clasificarse para formar parte do equipo nacional que representará a España no campionato de Europa. Esta fin de semana participa nunha regata no municipio de Ribeira dirixindo ao novo equipo da selección que lle lembra os seus inicios en Ferrol.