Os casos activos de covid na área de Ferrol seguen subindo, hai catro máis que onte

FERROL CIDADE

kiko_delgado

O repunte prodúcese nos concellos de Narón e Ares

02 may 2021 . Actualizado ás 10:25 h.

A curva da pandemia segue á alza na área Sanitaria de Ferrol. Segundo o informe do Sergas deste venres, os casos activos de covid-19 subiron de 93 a 97, co que xa son 28 positivos máis que fai seis días. Os ingresados na planta de hospitalización do Arquitecto Marcide baixaron de 9 a 8 na última xornada, a uci segue sen pacientes de coronavirus e nas 437 PCR realizadas en 24 horas confirmáronse seis novos contagios. A cifra de falecidos mantense en 216.

Desde o inicio da pandemia víronse afectados 8.346 veciños das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, dos 8.027 lograron superar a enfermidade. As PCR realizadas durante todo ese período se elevan 131.919 e as probas serológicas a 42.719.

O lixeiro repunte dos casos activos nótase especialmente no concello de Narón , subiu de entre 1 e 9 a 10 novos positivos confirmados en sete días e de 15 a 16 no acumulado de dúas semanas; e en Ares , que estaba con cero casos e pasou a entre 1 e 9 tanto nunha semana como en dúas. Pola súa banda, Ferrol mantense con 24 e 34 casos a sete e 14 días, respectivamente; Ortigueira, Mañón, As Pontes, Neda, Cabanas, Pontedeume e Fene continúan na pinza entre 1 e 9; e Cariño ten cero novos casos na última semana e entre 1 e 9 no acumulado de 14 días.

Para rematar, Valdoviño, Cedeira, Cerdido, As Somozas, A Capela, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Mugardos están sen ningún positivo tanto no acumulado dunha semana como no de dous.