Os positivos nos centros de ensino da área de Ferrol volven subir

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Na última xornada pasaron de 9 a 11 e non hai ningunha aula pechada

15 abr 2021 . Actualizado ás 16:09 h.

Os positivos de covid-19 nos centros de ensino dos concellos de a área sanitaria de Ferrol subiron de 9 a 11 no último informe da Xunta emitido este xoves e non hai ningunha aula pechada. Os contagios concéntranse en seis colexios e institutos do concello de Ferrol e en tres de Narón , Ares e Fene.

No caso Ferrol, os positivos localízanse no CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (2 casos); os institutos de FP Ferrolterra (2) e Rodolfo Ucha Piñeiro (1); a Escola Oficial de Idiomas (1) e os institutos de Educación Secundaria Concepción Arenal (1) e Sofía Casanova (1).

En Narón hai un contaxiado no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar; Ares ten outro no CPI As Mirandas; e no IES de Fene tamén hai un afectado.