Cales son os sitios para fotografarse para as redes sociais en Ferrolterra?

Carla Elías Martínez
Carla Elías FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

Carlos Muiños fotógrafo

As baterías ou espazos naturais como as praias ou as Fragas triunfan en Instagram

09 abr 2021 . Actualizado ás 17:23 h.

Cada vez somos máis afeccionados a ser os protagonistas de sesións fotografas. Moitas xente busca mellorar a calidade das instantáneas das imaxes que comparte nas súas redes sociais e tan importante é pósea e o estilismo como o lugar. Cales son os espazos ao aire libre aos que máis se recorre en Ferrolterra? «Utilizo moito as praias de San Xurxo e Doniños, meténdome polo piñeiral e as dunas», explica Carlos Muiños (\ferrolmfh) fotógrafo ferrolán que realiza sesións de estudo tanto en interior como exterior. Explica que a pandemia lle obrigou a cambiar a súa forma de traballar -«co problema da máscara é complicado traballar na rúa, así que evito a cidade para non estar a molestar», explica- e se busca imaxes con estética máis urbana decántase por espazos abandonados. «Nas baterías abandonadas podes estar un pouco tranquilo e hai paredes con cores e grafitis», sinala.

Recoñece que tras o confinamento polo coronavirus notou un incremento no interese da xente. «Houbo un bum de chamadas, a xente estaba con ganas de facer cousas», lembra. Outro punto moi recorrente é o efecto óptico e xeométrico dunha rúa alongada. «Paro moito na recta que hai xusto á entrada da praia», indica. Ou as vías da ponte azul do tren de Pontedeume, un dos sitios máis recorrentes nas imaxes das redes sociais. «Hai tempo fixen unha sesión nun campo de girasoles, que non direi onde está, que aínda me escribe xente preguntando como chegar», comenta. Cando non está a traballar non dubida en percorrer a comarca en coche e andando, buscando sitios que lle inspiren. Recomenda sempre levar dous ou tres outfits diferentes para poder cambiar de localizacións e poder conseguir así varias opcións.