O bo tempo anima a desescalada en Ferrolterra

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

Numerosos veciños saíron á rúa para pasear, ir ao parque ou tomar algo na terrazas

28 feb 2021 . Actualizado ás 22:26 h.

Sin duda o bo tempo desta fin de semana foi clave para que numerosos veciños de Ferrolterra teñan saído á rúa para gozar do alivio das restricións. Esta mañá atopar unha mesa libre en moitas das terrazas da urbe e outros municipios costeiros como Ares era misión imposible. Moitos mesmo se animaron a gozar dunha comida ao aire libre nos restaurantes que están abertos con mesas no exterior. Os parques, reabertos esta fin de semana, tamén se encheron de nenos.