A Xunta solicitará ao Concello en breve licenza para rehabilitar 11 edificios no barrio de Ferrol Vello

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Mato anunciou que pedirá a Medio Ambiente a declaración do barrio como Área Rexurbe para

25 ene 2021 . Actualizado ás 18:21 h.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou en Ferrol, onde este luns mantivo un encontro co alcalde, Anxo Mato, que o próximo mes de febreiro solicitará licenza para a rehabilitación de 11 inmobles —que suporán ao redor de 25 vivendas— en Ferrol Vello, que prevé ter rematados ao longo do 2022.

O rexedor local anunciou, pola súa banda, que solicitará ao mencionado departamento autonómico que o barrio sexa declarado Área Rexurbe. Poden obter esta declaración as zonas que sexan conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultura, sufran un proceso de degradación arquitectónica, experimenten un descenso demográfico ou unha caída na taxa de actividade económica. Precisamente con esa figura preténdese reverter esa situación. Se a Xunta autoriza esa declaración, Ferrol Vello podería optar a instrumentos de financiamento específicos.

Na reunión tamén participaron o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina , e o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García.

Tanto o Goberno autonómico como o Concello están a desenvolver distintas actuacións tanto en materia de vivenda como en intervencións sobre o espazo público.