Os centros educativos da comarca suman 174 positivos, 24 máis nun só día

A. C. FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

Os colexios de Mañón e Moeche incorpóranse á lista, cun positivo en cada un

21 ene 2021 . Actualizado ás 16:40 h.

A curva ascendente do coronavirus na comarca tamén se reflicte nos centros educativos. Os datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) indican que hoxe hai 174 positivos por covid-19 en escolas infantís, colexios e institutos de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Son 24 máis dos que se contabilizaron a véspera.

Á lista do mércores hanse incorporado hoxe o CPI As Mirandas, de Ares, cun afectado; o CEIP de Esteiro, de Ferrol, con outro; o CEIP Francisco López Estrada, de Mañón, cun; o CEIP de San Ramón, de Moeche, cun; e o IES Terra de Trasancos, con dous. Da relación caer o CEIP Isaac Peral (Ferrol) e o CEIP Unión Mugardesa.

Nesta última xornada aumentaron os casos no CEIP Plurilingüe A Magdalena (As Pontes); o IES Punta Candieira (Cedeira); o CEIP Plurilingüe de Centieiras (Fene); o CIFP Ferrolterra, o CPR Belén, o IES Canido, o IES Concepción Arenal e o IES Ferrol Vello (todos de Ferrol); o IES de Mugardos; o CEIP A Solaina (Narón); o CEIP José María Lage (Ortigueira); o CEIP Couceiro Freijomil e o IES Breamo (Pontedeume); e o CPI de San Sadurniño.

O CEIP Couceiro Freijomil, con 11 positivos; o IES de Fene, con 10; o IES Concepción Arenal (Ferrol), con nove; e o IES de Mugardos, con oito, son os centros con máis infectados na comarca.