Os positivos na área sanitaria suman un caso máis

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Mantéñense en dous porque houbo unha alta

07 jul 2020 . Actualizado ás 13:31 h.

Os positivos na área sanitaria aumentaron nun caso, de acordo coa información que fixo pública esta mañá o Sergas. Aínda así, a cifra total quedaría en dúas, posto que se deu unha alta.

Os hospitais da cidade continúan libres do covid-19, xa que todos os pacientes están nos seus domicilios, e ningún caso require de ingreso.

Os casos non activos ascenden a 582, un máis que o luns. Son as persoas que xa superaron a enfermidade na zona.

Ademais, desde que se iniciou a pandemia do coronavirus, faleceron 33 persoas na zona.