José Vicente Rioseco foi elixido o mellor atleta máster de España do 2019

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

O deportista ferrolán ostenta varias marcas a nivel nacional e internacional

07 may 2020 . Actualizado ás 18:38 h.

O atleta ferrolán José Vicente Riosco foi designado como o mellor atleta máster de España da pasada tempada, a 2019. Para a elección hanse tido en conta as marcas, así como unha votación na web da Federación Española de Atletismo.

Pepín Rioseco gañou cunha clara autoridade, 300 puntos, polos 179,33 que conseguiu Marcos Bermejo, o segundo clasificado ou os 149,87 de Joaquín Xoias que acabou na terceira posición.

En mulleres a mellor atleta máster foi Rosa Escribano, con 299,22 puntos, seguida por Teresa Ruzafa, con 233,10 e Loles Vives, con 220,39.

O trofeo íase a entregar na Gala do Centenario da Real Federación Española de Atletismo, aínda que tivo que suspenderse pola crise provocada polo covid-19. Aínda está pendente por fixar unha nova data para a gala, xa que dependerá da evolución da pandemia.