En memoria da penalista ferrolá
13 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.Hoxe, xoves • Salón de actos do instituto • Ás 10.30 e ás 19.00 horas • Organizado pola Asociación Cultural Conxeito, coa colaboración de Ferroluna Teatro, o salón de actos do instituto Concepción Arenal acollerá hoxe senllos pases dun documental sobre a ilustre escritora e penalista ferrolá, con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. O acto inclúe un pequena charla de presentación e a proxección de dous vídeos de vinte minutos de duración sobre a vida e obra de Concepción Arenal. A proposta complétase coa lectura de 25 frases extraídas de textos da homenaxeada, referidos á súa mocidade, o seu ingreso na Universidade vestida de home, a súa época como visitadora de cárceres, a fundación da Cruz Vermella e a súa etapa en Asturias tras quedar viúva e perder tamén ao seu fillo. O primeiro pase será ás 10.30 horas e está dirixido aos alumnos do centro e o segundo desenvolverase ás 19.00 horas para os que asisten ás clases nocturnas e o público que desexe asistir. Segundo Luis Calvo, presidente de Conxeito, a iniciativa está orientada a resaltar a importancia do legado de Concepción Arenal e facelo chegar ás novas xeracións. Así, considerouse oportuno comezar polo instituto que leva o seu nome, para despois continuar polos restantes centros educativos da cidade, nunha proposta que se desenvolverá ao longo de todo este ano, no que se cumpren dous séculos do seu nacemento. O seguinte pase será o vindeiro martes no campus universitario.