As oportunidades da eólica mariña para o naval

La Voz

FERROL CIDADE

NAVANTIA

Conferencia no Campus de Esteiro

12 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe?•?19 horas•?Campus de Esteiro• O salón de actos Concepción Arenal, do Campus de Esteiro, acolle esta tarde unha nova conferencia da Cátedra Cosme Álvarez dos Ríos, que promove a Universidade da Coruña e Navantia.

Nesta ocasión, da man de dous expertos, analizarase a importancia de «A industria naval na eólica offshore». A sesión contará coas achegas de Antonio Sánchez, que está á fronte do departamento comercial de eólica mariña de Navantia, tras ter dirixido o programa de eólica flotante Hydwind Scotland e o programa do Buque de Apoio a Plataformas. E xunto a el estará Raúl Rico, quen traballou como coordinador de aceiro e pintura nas fragatas construídas pola empresa pública para a Armada Noruega e dirixiu proxectos como o das «jackets» para o parque de eólica