A situación da lingua galega, a debate

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

O acto está organizado pola Sociedade Cultural Medulio

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá, mércores • 19.30 horas • Escola de Idiomas • A Sociedade Cultural Medulio organiza mañá, mércores, 29 de xaneiro, un acto de presentación do Dicionario da Língua Galega de Isaac Alonso Estravís e, a continuación, terá lugar unha charla-coloquio co autor sobre «A situación da lingua galega: presente e futuro». O acto desenvolverase nas instalacións que a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol ten na rúa Real. A charla está prevista para as sete e media da tarde de mañá.