Ferrol e Narón renden homenaxe ás vítimas do Holocausto

LA VOZ FERROL

FERROL CIDADE

CEDIDA

Matou chamou a «defender a liberdade contra as correntes totalitarias» e o naronés Sánchez Fojo apelou «a non esquecer a historia»

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ferrol elixiu o castelo de San Felipe para o acto oficial do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Acudiron alumnos do IES Leixa e membros dos catro grupos da corporación. O alcalde, Anxo Mato, chamou a «defender a liberdade contra as correntes totalitarias».

En Narón, o Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática acenderon veas en memoria das vítimas, xunto a estudantes do colexio Ayala e o IES As Telleiras. Guillermo Sánchez Fojo, alcalde accidental, presidiu o acto e apelou «a non esquecer a historia».