Análise da crise antibiótica a nivel mundial

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CESAR QUIAN

O ciclo «Imos contar a ciencia» trae a Ferrol a unha experta en Microbiolgía clínica

14 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Xoves • 17.30 horas • Gratis • O ciclo «Imos contar a ciencia», que impulsa a Biblioteca municipal de Ferrol, renóvase este xoves, cunha charla a cargo da doutora María del Mar Tomás Carmona, directora do grupo de Microbioloxía Clínica do CHUAC. Na conferencia, titulada «Resistencias aos antibióticos: problema de magnitude internacional: busca de solucións», a especialista analizará a crise antibiótica que se vive a nivel mundial e as novas estratexias anti infecciosas que se están explorando. Así, na presentación falará sobre os últimos estudos científicos e os ensaios clínicos levados a cabo con virus que matan as bacterias.