A carreira nocturna Corre por Ferrol disputarase o día 21 deste mes

J.V. FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

ANGEL MANSO

Terá un percorrido de cinco kilómetos e arrincará ás nove da noite

12 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A oitava edición da carreira nocturna Corre por Ferrol, que organiza o servizo de deportes do Concello de Ferrol, en colaboración coa Deputación e o control técnico da delegación ferrolá da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o día 21 deste mes de decembro. Haberá unha saída ás oito da tarde para os menores e outra, unha hora máis tarde, para os adultos.

Esta carreira encádrase na sétima edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, que organiza a Deputación da Coruña. A distancia a percorrer polos deportistas que tomen parte na proba será de cinco quilómetros. Discorrerá pola zona centro da cidade. Haberá cinco categorías para os menores e sete para os que tomen parte na proba absoluta.

Gratuíta

A inscrición para tomar parte nesta competición é totalmente gratuíta. O prazo para apuntarse estará aberto ata as dez da noite do día 19 deste mes. Poderase realizar na páxina web www.rockthesport.com.

Esta carreira nocturna adoitaba disputarse na etapa estival, aínda que nesta ocasión hase decidido organizala durante as festas de Nadal. «Pensamos que pode ser un auténtico luxo correr baixo a iluminación do Nadal», sinalou o edil de Deportes, Antonio Golpe, na presentación deste evento, un acto no que tamén estivo presente Paulino Cartelle, delegado en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, así como Antonio Cortés, de Gadis, un dos patrocinadores da actividade en colaboración con asínaa Coca Cola.

Límite de prazas

A organización desta carreira nocturna establece un límite de 700 participantes para a proba de categoría absoluta, así como de 400 para a de menores.

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no pavillón da Malata o venres 20 e o sábado 21 pola mañá. Pola tarde, o día 21, poderanse retirar no Cantón de Molins antes do arranque da competición.