As raíñas reaparecen na súa Copa cun traballado triunfo en Ferrol

Iván Díaz Rolle
I. Díaz Rolle FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

CEDIDA

O Peixes Rubén iniciou a defensa da Copa da Reina cunha vitoria ante o Valdetires en dezaseisavos de final: 0-2

07 dic 2019 . Actualizado ás 21:54 h.

En Ferrol deu o Peixes Rubén-Burela o seu primeiro paso cara a un novo soño. A escuadra mariñá superou ao Valdetires despois dun traballado encontro para meterse na rolda de oitavos de final da Copa de S. M. A Reina .

As de Julio Delgado iniciaron a defensa do seu trono contra un máis que incómodo conxunto local de Segunda División que compensou a diferenza de categoría con orde e garra. Dous goles galegos, das internacionais Luci e Jenny Lores, derrubaron a resistencia departamental.

A á coruñesa abriu o marcador aos dous minutos de xogo, e a pontevedresa ampliou diferenzas xusto antes do descanso. Entre unha e outra diana, Ale de Paz estrelou un balón no pau. Pero o Valdetires contou tamén varias aproximacións perigosas á área dun Burela que case sempre levou a iniciativa.

A Alicante

As guerreiras laranxas viaxan esta mesma noite cara a Alacante, onde este domingo ao mediodía afrontarán unha nova xornada de liga. Contra o Universidade de Alacante quererán desquitarse tras a derrota na clásica fronte ao Futsi Atlético.

Valdetires Ferrol, 0: Carmen; Sheila, Lidia , Paula e Ainhoa —quinteto de inicio—, e Diana, Suki e Erika. 

Peixes Rubén-Burela: Jozi; Dany, Peque, Bea Mateos e Luci—cinco inicial—, e Lara, Jenny Lores, Ale de Paz, Jenny, Jane e Ana Romero .

Goles: 0-1, min. 2: Luci. 0-2, min. 17: Jenny Lores.

Árbitros: Salina Barcia e Amor Vizoso. Ensinaron a cartolina amarela á ferrolá Ainhoa e á burelista Bea Mateos.

Incidencias: Pavillón de Esteiro.