Tres lesionadas en dous accidentes ocorridos no Acceso Norte e na estrada de Castela

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Os sucesos producíronse esta tarde en Narón e Ferrol

03 dic 2019 . Actualizado ás 18:39 h.

A tarde sáldase con tres feridas en dous accidentes ocorridos en Narón e Ferrol.

O primeiro produciuse pasadas as catro da tarde na estrada de Castela, á altura da gasolineira do Alto, onde se rexistrou un alcance entre dous vehículos. Segundo indicaron desde a Policía Local de Narón, un coche freou e o outro lle golpeou por detrás e dúas mulleres resultaron feridas leves.

Unha hora máis tarde, en Ferrol, un turismo saíuse da vía e envorcou no Acceso Norte, no tramo entre as rotondas de Basanta e O Sindo. A condutora tivo que ser trasladada ao hospital Arquitecto Marcide.