Begoña Pacio e Jonathan Fernández revalidan o triunfo no Memorial Adolfo Ros

J.V. FERROL

FERROL CIDADE

César Toimil

Case un milleiro de atletas fixeron fronte aos 21 quilómetros do percorrido que discorreu polos concello de Narón, Neda, Fene e Ferrol

01 dic 2019 . Actualizado ás 21:18 h.

Case un milleiro de deportistas tomaron parte na 34 edición do Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría, que este ano lle tocou organizar ao Concello de Narón. A proba, cunha gran soleira no atletismo galego, é un medio maratón que percorre a parte final da ría ferrolá. Begoña Pacio e Jonathan Fernández, que xa gañaran a edición do 2018, repetiron triunfo nesta proba, que se correu baixo a choiva.

César Toimil

En categoría masculina Jonathan Fernández, do club Pasa ou Entorna, non deu opción aos seus rivais. Saíu a por todas desde o primeiro quilómetros e liderou a proba desde o comezo ata o final. Gañou cun magnífico tempo de 1 hora, 11 minutos e 4 segundos, cruzando en solitario a liña de meta. A segunda praza foi para Diego Ruiz Breijo, do Sada, cun tempo de 1.12.9, mentres que a terceira praza foi para Diego Montero, do Atletismo Narón, con 1.13.14.

César Toimil

Na categoría feminina a primeira praza foi para Begoña Pacio, igualmente do Pasa ou Entorna, cun tempo final de 1.30.37, mentres que a segunda muller en cruzar a liña de meta foi Marta Real Valiño cun tempo de 1.31.30 e a terceira praza foi para Silva Díez Bermúdez, cun tempo de 1.34.44.

Jonathan Fernández mostrouse feliz polo seu triunfo e comentou que estivo a piques de non tomar parte na proba, xa que se muller está a piques de dar a luz: «Levo unha semana un pouco nervioso (comentou) xa que a miña muller está a piques de dar a luz e xa saíu de contas a pasada semana. Con todo, foi ela a que me animou a que correse esta carreira de casa, sabe que é o que máis me gusta». Engadiu que o Memorial Adolfo Ros é a carreira que máis lle gusta correr: «É a carreira de casa, disputeina catro veces e gañeina en tres ocasiones. Na primeira que competín acabe cuarto, aínda que vencín nas tres últimas edicións».

O gañador saíu a por todas

O deportista de Neda indicou que saíu a por todas desde os primeiros metros. «Eu son un cabalo tolo —dixo— intento manter o meu ritmo. Aguantei ben a distancia co segundo e gañei ben. Estou contento. Ademais, o tempo estivo moi ben. É un circuíto no que non é doado facer boas marcas, xa que hai moitos repechos que subir, Neda, o Puntal, Batallóns, a zona da Ponte das Cabras. O mellor foi que non fixo vento, caeu algún ballón de auga, aínda que non me decatei ía moi concentrado na carreira».

Begoña Pacio indicou que afrontou a carreira con dúbidas. «Levaba un tempo parada, é a miña primeira carreira do ano, polo que non sabia como me ía atopar. Finalmente, saíume ben. Atopeime ben, aínda que gañei con cinto minutos máis da marca do triunfo do ano pasado». Engadiu que agora baralla retirarse no Memorial Adolfo Ros que organizará o Concello de Ferrol.