Oitocentos inscritos no Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría

Jose Valencia FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

A proba disputarase o domingo con saída, ás dez da mañá, desde a praza de Galicia en Narón

28 novs 2019 . Actualizado ás 16:28 h.

Ás doce da noite do mércores pechouse o prazo de inscrición para tomar parte na 34 edición do Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría, que se disputa o domingo, con saída á dez da mañá desde a praza de Galicia, en Narón, onde tamén estará situada a liña de meta, tras cubrir os máis de 21 quilómetros do percorrido, unha media maratón.

Un total de 792 deportistas formalizaron a súa inscrición para tomar parte nesta popular carreira, aínda que só é aberta para os maiores de dezaseis anos.

A proba que arrinca en Narón tomará dirección cara a Xuvia para posteriormente dirixirse a Neda, Puntal, cruzamento da igrexa en Fene, As Pías e entrada en Ferrol pola avenida do Mar, posteriormente pasará pola rúa Telleiras, Caranza, Irmandiños, Concepción Arenal e de aí cara á estrada de Castela, Ponte das Cabras e chegada de novo a Narón, ás inmediacións da praza de Galicia, onde estará situado a liña de meta.

Paralelamente á disputa da carreira da categoría absoluta, desenvolvésese unha proba para os máis pequenos, con distintas distancias, que dependerán da idade dos participantes. As saídas dos máis pequenos iranse dando poucos minutos despois de que arrinque a carreira dos adultos.

Sobre a unha da tarde está prevista a entrega de premios aos mellores en lasa diferentes categorías, acto que se desenvolverá no auditorio municipal naronés.