Unha cita co piano Steinway da Filarmónica

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

O trío Reinecke actúan mañá no Teatro Jofre

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá, xoves • Teatro Jofre • 20.30 horas • desde 12 euros • Os músicos italianos do trío Reinecke farán soar de novo este xoves no teatro Jofre de Ferrol unha xoia instrumental: nin máis nin menos que o prezado piano da marca Steinway & Sons que a Sociedade Filarmónica Ferrolá comprou no ano 1950 e que o 14 de abril daquel ano estreou o pianista e director de orquestra José Cubiles no mesmo escenario. Tras unha reparación, as teclas deste piano volverán encher de música o Jofre da man dunha formación de viola, piano e clarinete que ofrecerá un concerto con pezas de Mozart, Schummann e Reinecke. As entradas para o recital xa se poden adquirir no Jofre e a través de Internet (ataquilla.com) desde 12 euros.