Visita gratuíta ao Museo da Construción Naval de Exponav en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

O itinerario guiado está previsto para o sábado, 23 de novembro

19 novs 2019 . Actualizado ás 11:51 h.

A Fundación Exponav organiza o vindeiro sábado, 23 de novembro, a súa habitual visita guiada gratuíta mensual ao Museo da Construción Naval.

O itinerario está previsto para as 12 horas. As persoas interesadas en coñecer o museo deben presentarse a esa hora no edificio de Herrerías. Non se necesita reserva previa. Ademais, na sala Carlos III está aberta estes días unha exposición de pintura de Francisco Pérez Alonso sobre o Camiño de Santiago.