Pleno extraordinario en Ferrol para poder investir os 3,2 millóns de euros do superávit do pasado ano

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

ANGEL MANSO

A sesión está convocada para o xoves, aínda que a oposición reclamou unha nova comisión antes da súa celebración

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ferrol celebrará o vindeiro xoves un pleno extraordinario (19.00 horas) para intentar aprobar a relación de proxectos que o goberno local quere sufragar cos 3,2 millóns de euros de superávit do pasado ano. Unha comisión extraordinaria de Economía e Facenda non logrou onte pechar a listaxe, ante a ausencia de expediente, que foi reclamado pola oposición e que pediu que se celebre unha nova comisión antes de sometelo ao pleno.

O paquete posto onte sobre a mesa, sobre o que pode haber cambios, incluía o aglomerado da avenida do Mar, luminarias led para Ultramar, a mellora da seguridade peonil na avenida de Vigo, o aglomerado da rúa Velázquez, a reurbanización de Curuxeiras, o aparcadoiro disuasorio do CHUF, a segunda fase da rúa Basanta, camiños do rural, distinto material para os corpos de seguridade e máis de 1,3 millóns de euros para as cubertas de bloques de Recimil, unha actuación reclamada polo BNG. Os proxectos teñen que estar licitados antes de que acabe o ano e ser executados antes de que expire 2020.