O Baxi pica na súa estrea en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

KIKO DELGADO

Aínda que lograron forzar a prórroga cun triplo de Patri Cabrera, as de Lino López caeron fronte ao Ibaizabal

12 oct 2019 . Actualizado ás 23:02 h.

Ninguén dixo que a tempada na Liga Feminina 2 ía ser doado para o Baxi. Tras arrasar na primeira xornada, o rival que visitou esta tarde Ferrol obrigou ás de Lino López a pelexar para forzar a prórroga, aínda que non lograron levar o partido. O triplo de Patri a poucos segundos de que a bucina pitase o final e un Esteiro convertido en caldeira reviviron a un Baxi que foi ao rebufo do Ibaizabal todo o encontro. A igualdade reinou todo o partido. O rival, férreo e correúdo en defensa. O Baxi, creativo para atravesar o muro vasco pero fallón no aro.O primeiro tempo mostrou cal sería a tónica da tarde cun 14 a 14. Destacou unha prolífera Allen, que con Miller e Dynn levaron o peso do xogo local. Un triplo de Tudanca nos últimos instantes permitiu ao Baxi ir ao descanso 36 a 33.

O ritmo caeu no terceiro tempo no que as visitantes lograron a súa maior vantaxe ata o momento, cinco arriba. Pero unha canastra de Natalia e tiros libres de Lauppe neutralizaron o marcador para afrontar o último e cuarto con 47 a 48. De novo as vascas deron un arreón que obrigou a Lino López a pedir tempo morto. E nos últimos minutos volveu a épica e Esteiro. A afección convertida na sexta xogadora presionando cada xogada do rival e levantando ás súas ata forzar a prórroga. Mágoa de non redondear a tarde no tempo engadido. A ex do Baxi, Miscenko, tomouse o desquite coa canastra que puxo o marcador con catro de diferenza a falta de poucos segundos. «Ilusiona ver á afección, é unha pena que non teñamos podido brindarlles a vitoria pero creo que viviron un gran partido, con espectáculo e igualado. Hai que seguir traballando para darlles alegrías», destacou o técnico. Apunta a erros en defensa, fallos en tiros liberados e actuar como equipo como áreas nas que mellorar.

BAXI

PTS 2P 3P TL RT AS MJ V

Miller 14 2-8 3-7 1-2 1 6 36 12

Dynn 18 7-11 0-4 4-5 6 1 33 22

Tudanca 7 1-5 1-6 2-2 6 2 34 9

Allen 12 2-6 2-4 2-2 7 4 33 14

Sune 0 0-1 0-0 0-0 4 1 20 3

Cabrera 9 1-1 2-10 1-2 1 2 23 5

Torreblanca 3 0-0 1-1 0-0 0 0 12 2

Kapor 0 0-0 0-0 0-0 0 0 4 -1

Natalia 2 1-3 0-1 0-0 2 1 18 1

Anniina 4 2-5 0-0 0-0 1 0 12 -1

Total 69 16-40 9-34 10-13 28 17 225 66

LIÑO LÓPEZ (adestrador)

 IBAIZÁBAL

 PTS 2P 3P TL RT AS MJ V

Peyton 9 3-9 0-5 3-4 9 4 35 7

Moreno 18 3-7 4-6 0-0 2 2 26 13

Miscenko 12 6-8 0-0 0-0 14 1 32 20

Elina 2 1-1 0-4 0-0 2 2 27 0

Villegas 13 1-2 3-6 2-2 4 4 29 14

Mena 0 0-0 0-0 0-0 0 0 1 -1

Arrien 0 0-0 0-0 0-0 1 1 17 -2

Uribe 0 0-0 0-0 0-0 1 0 6 2

Aizpurua 2 1-1 0-0 0-0 0 1 8 5

Kamara 6 3-5 0-0 0-0 4 1 18 9

Zubeldi 11 4-5 0-1 3-3 4 1 28 14

TOTAL 73 22-38 7-22 8-9 41 17 225 81

Josema Alcántara (adestrador)

14-14 / 36-33 / 47-48 / 61-61 / 69-73