O valor dun sorriso

FERROL CIDADE

I. VALERIO

Oli Anidos é a camareira de Casa Maruxa, no Cantón de Molins

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ferrol segue, afortunadamente, recibindo a un bo número de visitantes das máis diferentes procedencias e é importante recibirlles cun sorriso. Hai numerosos estudos sobre a importancia dun sorriso. Apúntase, por exemplo, que é máis doado romper o xeo entre persoas que non se coñecen, xera confianza e ademais, por aquilo de que se liberan endorfinas ao sorrir, tamén melloramos a saúde e mostrámonos máis empáticos. Por iso sorrir debese ser algo fundamental para quen atenden a diferentes tipos de persoas cada día no seu posto de traballo. Desgraciadamente, non sempre atopamos un sorriso cando alguén, desde detrás dunha barra ou ao lado dunha mesa, achégase para preguntarnos que queremos tomar. Hoxe por iso imos pedir máis sorrisos como a que atopamos en casa Maruxa, na esquina da rúa do Carmen co Cantón, personificada en Oli Anidos, a camareira do local. Ela leva 5 anos traballando no sector hostaleiro e de cara ao cliente, apunta, nada lle fixo perder o sorriso.