Ensino de Lugo e Celta de Vigo disputan hoxe a final da Copa Galicia de baloncesto feminino

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

cedida

O partido dispútase ás sete da tarde no pavillón da Gándara, en Narón

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Ensino de Lugo, agora único representante galego na máxima categoría, e o Celta de Vigo disputan hoxe a final da 33 Copa Galicia feminina, Memorial Ricardo Méndez. O choque dispútase no pavillón da Gándara, en Narón, a partir das sete. A entrada é gratis para os abonados do Baxi. Para o público sénior a localidade custa 5 euros e 2 para os que teñan entre os 12 e os 18 anos de idade.