Dúas enfermeiras con dotes para a comunicación

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

Patricia Torres Álvarez e Jessica Seco Franco recibiron un premio

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Enfermería Familiar e Comunitaria da Xerencia Integrada de Ferrol volve ser protagonista en foros especializados. Nesta ocasión, as enfermeiras residentes, Patricia Torres Álvarez e Jessica Seco Franco, xunto coa súa titora Elena Quintela Varela, acaban de ser galardoadas co segundo premio á mellor comunicación oral polo traballo Utilización da oxigenoterapia hiperbárica na curación das feridas no IV Congreso da Sociedade Galega de Feridas, celebrado en Vigo. Ambas as enfermeiras, protagonizaron o pasado mes de xuño no ciclo de charlas saudables organizadas por La Voz e a área sanitaria, unha interesante sesión titulada Estás a coidar a un paciente en casa? As enfermeiras podemos axudarche. Xa entón puidemos comprobar os seus dotes para a divulgación sanitaria. Patricia Torres e Jessica Seco son residentes da especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria nos centros de saúde de Narón e Caranza e para elas está sendo un ano magnífico. E é que ademais, Patricia Torres conseguía no pasado mes de abril outro premio nacional por un traballo sobre a administración dos fármacos máis habituais en urxencias no centro de saúde. Un luxo contar con profesionais así en Ferrol.